Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

Competencias básicas

  • CB1: Comprensión sistemática dun campo de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados co devandito campo
  • CB2: Capacidade de concibir, deseñar ou crear, poñer en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación
  • CB3: Capacidade para contribuír á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal
  • CB4: Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas
  • CB5: Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional
  • CB6: Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade baseada no coñecemento

 

Capacidades e destrezas

  • CA01: Desenvolverse en contextos nos que hai pouca información específica
  • CA02: Encontrar as preguntas claves que hai que responder para resolver un problema complexo
  • CA03: Deseñar, crear, desenvolver e emprender proxectos novidosos e innovadores no seu ámbito de coñecemento
  • CA04: Traballar tanto en equipo como de maneira autónoma nun contexto internacional ou multidisciplinario
  • CA05: Integrar coñecementos, enfrontarse á complexidade e formular xuízos con información limitada
  • CA06: A crítica e defensa intelectual de solucións

 

Outras competencias

  • CE1: Ser capaz de observar e de analizar con rigor científico os diversos fenómenos relacionados coa comunicación humana que se desenvolven tanto no contexto local máis inmediato como en de un mundo globalizado
  • CE2: Conseguir formular hipótese e deseñar proxectos de investigación orixinais no marco dos estudos sobre a Comunicación e a Tradución
  • CE3: Ser capaz de seleccionar as ferramentas metodolóxicas e conceptuais máis adecuadas, xeradas no marco dos estudos sobre a Comunicación e a Tradución, e de utilizalas para levar aos práctica proxectos de investigación orixinais e verificar a validez das hipóteses expostas
  • CG1: Ser capaz de reflexionar sobre as dinámicas, os procesos e a estrutura da comunicación humana, tanto desde un punto de vista xeral como nas súas dimensións mediada e intercultural
  • CG2: Conseguir xerar investigación orixinal no ámbito da comunicación humana, tanto desde un punto de vista xeral como nas súas dimensións mediada e intercultural
  • CG3: Coñecer os protocolos e estándares para a difusión do traballo científico e académico no ámbito da comunicación humana, tanto desde un punto de vista xeral como nas súas dimensións mediada e intercultural
  • CT1: Utilizar de maneira adecuada ferramentas informáticas e medios audiovisuais no desenvolvemento do traballo investigador ligado á comunicación e á tradución
  • CT2: Ser capaz de obter e seleccionar a información e a documentación adecuadas para os obxectivos expostos na planificación e o desenvolvemento de proxectos de investigación
  • CT3: Expoñer de forma adecuada os resultados dos traballos de investigación en forma oral ou de póster conforme aos canones das disciplinas relacionadas coa Comunicación en sentido amplo
  • CT4: Desenvolver a habilidade de organizar o coñecemento comunicativo complexo de maneira coherente e de interrelacionalo con outras ciencias sociais, humanas e tecnolóxicas