| Seminarios de presentación de liñas de investigación |
28 horas |
Obrigatorio |
Presentación das diferentes liñas de investigación do doutoramento. |
| Seminario de metodoloxía da investigación |
30 horas |
Obrigatorio |
Seminario sobre as características máis relevantes do traballo científico-académico (deseño e elaboración da investigación) no ámbito da comunicación humana, tanto desde un punto de vista xeral como nas súas dimensións mediada e intercultural. |
| Presentación do Plan de Investigación e avaliación de actividades |
2 horas |
Obrigatorio |
Presentación do Plan de investigación de cada doutorando/a (que incluirá polo menos a metodoloxía para utilizar e os obxectivos para alcanzar, así como os medios e a planificación temporal para logralos |
| Seminario permanente de investigación |
10 horas |
Obrigatorio |
Seminario a cargo de especialistas nas diferentes liñas de investigación (profesorado do programa ou convidado) |
| Xornadas de doutorandos/as |
2 días |
Obrigatorio |
Xornadas de presentación de resultados de investigación na forma de encontro científico, con comunicacións dos doctorandos e relatorios convidados. |
| Participación en congresos ou xornadas técnicas |
120 horas |
Obrigatorio |
Presentación de comunicación en congreso da especialidade, supervisada e avalada polo seu director/a. |
| Publicación dun traballo de investigación |
320 horas |
Obrigatorio |
Redacción e entrega para avaliación nunha publicación especializada dun artigo de investigación orixinal, supervisada e avalada polo seu director/a. |
| Estadía de investigación |
160 horas/mes |
Optativo |
Estadía de investigación dun prazo recomendado de 3 meses, nun centro especializado, con memoria de resultados, supervisada e avalada polo seu director/a e a persoa responsable no centro de acollida. |