Perfil de ingreso
Estudantado interesado en realizar a súa tese de doutoramento nos ámbitos da Comunicación obxecto do programa.
Criterios de admisión
Establécese como criterio xeral de admisión a presentación dunha proposta de Proxecto de Tese de doutoramento relacionada con algún dos equipos de investigación existentes no programa de doutoramento.
As candidaturas avaliaranse a partir de:
- Carta de solicitude, con mención expresa da motivación da mesma.
- Currículo Vitae con mención expresa da titulación, do expediente académico (40% grao/licenciatura e 20% máster) e ademais:
- da experiencia profesional relacionada cos ámbitos propios do programa (10%).
- da formación adicional á propia titulación e, no seu caso, doutras titulacións oficiais (5%).
- da participación en proxectos de investigación competitivos relacionados cos ámbitos propios do programa (5%).
- da autoría ou coparticipación en traballos de investigación relacionados cos ámbitos propios do programa (5%).
- da obtención de bolsas e axudas á investigación en convocatorias competitivas (5%).
- de coñecementos de idiomas e habilidades tecnolóxicas (10%).
Á vista da documentación achegada, a CAPD procederá á selección de candidaturas e, posteriormente, á asignación de titoría académica ás mesmas.
Nos casos de estudantes procedentes doutros doutoramentos regulados por normativas anteriores, así como nos de traslados de expedientes doutros programas ou doutras universidades, a CAPD valorará as solicitudes, que deberán ir necesariamente acompañadas por informes dos responsables dos estudos realizados.