Perfil de ingreso

Estudantado interesado en realizar a súa tese doutoral nos ámbitos da Comunicación obxecto do Programa.

 

Criterios de admisión

Establécese como criterio xeral de admisión a presentación dunha proposta de Proxecto de Tese de doutoramento relacionada con algún dos equipos de investigación existentes no Programa de Doutoramento.

As candidaturas avaliaranse a partir de:

  • Carta de solicitude, con mención expresa da motivación da mesma.
  • Currículo Vitae con mención expresa da titulación, do expediente académico (40% grao/licenciatura e 20% máster) e ademais:
    • a) da experiencia profesional relacionada cos ámbitos propios do programa (10%).
    • b) da formación adicional á propia titulación e, no seu caso, doutras titulacións oficiais (5%).
    • c) da participación en proxectos de investigación competitivos relacionados cos ámbitos propios do programa (5%).
    • d) da autoría ou coparticipación en traballos de investigación relacionados cos ámbitos propios do programa (5%).
    • e) da obtención de bolsas e axudas á investigación en convocatorias competitivas (5%).
    • f) de coñecementos de idiomas e habilidades tecnolóxicas (10%).

Á vista da documentación achegada, a CAPD procederá á selección de candidaturas e, posteriormente, á asignación de titoría académica ás mesmas.

Nos casos de estudantes procedentes doutros doutoramentos regulados por normativas anteriores, así como nos de traslados de expedientes doutros programas ou doutras universidades, a CAPD valorará as solicitudes, que deberán ir necesariamente acompañadas por informes dos responsables dos estudos realizados.