Convocatoria de Bolsas FPU

O Ministerio de Educación , Cultura e Deporte (MECD) publica no boletín oficial do estado de hoxe, venres 27 de novembro de 2015, a resolución de 19 de novembro, que fai pública a convocatoria das:

Axudas para a formación do profesorado univesitario (FPU)2015

Achegamos enlace coa web onde podedes atopar toda a información relativa á convocatoria e á aplicación de presentación de solicitudes, que transcorre entre os días 30 de novembro e 20 de decembro de 2015.

FPU 2015

Programa do Seminario de Presentación de Liñas de Investigación 2015

Bolsas da Fundación Universidade de Vigo

Perfil das bolsas: Estudantes de Publicidade e RR Públicas, Comunicación Audiovisual, Tradución e Interpretación, Linguas Estranxeiras e Estudos de Galego e de Español. Link: https://drive.google.com/file/d/0B_oHqoYk6x_5U2xTUlNBWk1mMUk/view?pli=1

I Xornadas

Unha das actividades do programa do «Doutoramento en Comunicación» previstas para o 2015 era a organización dunhas «Xornadas» nas que se presentarían os resultados das investigacións que estivesen levando a cabo os doutorandos de segundo ano, e de maneira opcional, os de primeiro ano. Presentados os seus plans de investigacións e avaliadas as actividades formativas que estes desenvolveron ó longo do curso académico, o evento académico de onte luns representaba a culminación do traballo levado a cabo ata este momento.

Baixo o paraugas do rótulo xenérico de «Estratexias de comunicación para novos públicos e novos espazos», quince comunicacións dos máis diversos ámbitos deste vasto e complexo campo de estudo foron presentadas seguindo as formas convencionais do ritual académico de congresos e encontros científicos: vinte minutos de exposición e dez minutos de debate moderado. O salón de graos da Facultade de Filoloxía e Tradución deu acollida dende as nove da mañá ata as oito do serán ós relatorios destes estudantes de variado background formados en universidades galegas, portuguesas e americanas.

Os títulos das comunicacións sometidas a discusión poden consultarse no programa do pdf anexo. Unha reseña do acto, que contou para a inauguración coas palabras do profesor García Pino, director da Escola Internacional de Doutoramento (EIDO), pode verse no DUVI do 6/7/2015. O evento, gravado polos servizos técnicos da UVigotv estará dispoñible en breve na súa mediateca. As actas, en versión impresa, está previsto que sexan revisadas e editadas por profesores do programa de doutoramento e publicadas pola Universidade de Vigo.  

http://duvi.uvigo.es/index.php?option=com_content&task=view&id=10183&Itemid=3

http://tv.uvigo.es/es/library/channel.html

Sobre a matrícula 2015-2016

Nos seguintes enlaces podedes atopar máis información sobre a convocatoria de matrícula en estudos de posgrao para o curso 2015/2016:

Matrícula en programas de doutoramento: http://www.uvigo.es/uvigo_gl/administracion/alumnado/posgrao/matricula2015/doutoramento/index.html

Resolución de 5 de xuño de 2015, pola que se aproba a convocatoria correspondente ao ano 2015, das axudas para contratos predoutorais (antigos FPI)

O Ministerio de Economía e Competitividade publica no boletín oficial de hoxe, venres día 12 de xuño de 2015, a seguinte convocatoria:

http://boe.es/boe/dias/2015/06/12/pdfs/BOE-A-2015-6508.pdf

Artículo 6. Requisitos de los candidatos solicitantes.

1. Podrán ser solicitantes todas aquellas personas que se encuentren, en el momento de presentación de la solicitud, en disposición de estar matriculado o admitido en un programa de Doctorado, para el curso 2015/2016, en la fecha en la que se formalice del contrato, de acuerdo con el artículo 16.

Artículo 11. Presentación de solicitudes

El plazo de presentación de las solicitudes de participación será del 15 de junio de 2015 al 29 de junio de 2015 a las 15:00 horas (hora peninsular española).

O enlace coa web do Ministerio onde se pode atopar o resto da información (presentación de solicitudes, novidades, etc):

http://www.idi.mineco.gob.es/portal/site/MICINN/menuitem.791459a43fdf738...

Calendario de matrícula 2015-16

No seguinte enlace podedes atopar o calendario de preinscrición e matrícula, en estudos de doutoramento, para o curso 2015/2016, aprobado na pasada Comisión Permanente da EIDO, do 24 de abril de 2015.

http://www.uvigo.es/opencms/export/sites/uvigo/uvigo_gl/DOCUMENTOS/alumn...

Bolsas de moblidade para estudantes de doutoramento

O/A Sección de Bolsas publica o seguinte aviso:
Resolución Reitoral de 12 de maio de 2015, pola que se convocan 108 bolsas de mobilidade para estudantes de doutoramento da Universidade de Vigo en programas adaptados ao EEES para o ano 2015.
O prazo de solicitudes remata o 1 de xuño de 2015, pode presentarse nos rexisto xeral, ou auxiliares de campus.
O impreso de solicitude é o ANEXO II da orde de convocatoria.

Pode consultalo en https://seix.uvigo.es/uv/web/avisos/aviso/show/3600

Aviso importante de Terceiro Ciclo para teses a defender neste ano

A partir do 18 de maio establecerase un sistema de cita previa para a presentación de teses de doutoramento. A partir do envío deste correo só poderá presentarse a tese mediante este sistema.

Na seguinte web concentrouse toda a información que pode ser útil para o alumnado implicado no proceso de extinción de programas de doutoramento, ou que ten obriga de realizar a lectura da súa tese de doutoramento antes do 10 de febreiro de 2016:

http://www.uvigo.es/uvigo_gl/administracion/alumnado/posgrao/doutorament...

O sistema de cita previa funcionará entre o 18 de maio e o 10 de novembro de 2015, ambos inclusive, de luns a xoves, e de 9’00 a 11’00 horas. Exceptúase todo o mes de agosto. Puntualmente podería haber días nos que só estea dispoñible un dos postos de revisión de teses (a efectos do sistema de cita previa denominados Salas) por cuestións relacionadas coa dispoñibilidade de persoal. Ningunha cita solicitada fóra destes horarios e datas será tida en conta.
Nos casos en que a tese de doutoramento non se entregue de forma presencial, senón que se envíe por correo interno, o/a doutorando/a deberá reservar tamén unha data e turno para a revisión da súa tese. De non facelo o doutorando asignarase unha cita de oficio, en función das dispoñibilidades existentes.
Durante o período indicado non se atenderán cuestións relacionadas coa lectura de teses vinculadas á extinción dos programas de doutoramento máis que no correo electrónico 3ciclo1@uvigo.es. En ningún caso proporcionarase información telefónica. Os doutorandos serán notificados por correo electrónico da aprobación de cada trámite, polo que non deben contactar coa Sección de Posgrao para coñecer o estado do seu expediente. Neste sentido pedimos a colaboración de todos os implicados, xa que, potencialmente, poderían presentarse cinco veces máis teses que nun curso académico normal, o que entendemos que xustifica a adopción destas medidas excepcionais.

José Luis Gómez Reboiro

Eleccións de representantes do estudantado e do Persoal de Administración e Servizos no Comité de Dirección da Escola Internacional de Doutoramento

Nos enlaces que se achegan pódese consultar toda a información relacionada coas eleccións de representantes do estudantado e do Persoal de Administración e Servizos (PAS) no Comité de Dirección da Escola Internacional de Doutoramento (EIDO):

http://secxeral.uvigo.es/secxeral_gl/informacion/eleccions/

http://www.uvigo.es/uvigo_gl/centros/vigo/eido/

Páginas

Suscribirse a Doctorado en Comunicación RSS