Profesor/a titular de universidade
Área de Tradución e Interpretación
Departamento de Tradución e Lingüística
Información de contacto
Facultade de Filoloxía e Tradución
Pavillón C, Despacho 47
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 812 360
llorenzo@uvigo.es
Breve CV
Lourdes Lorenzo é profesora titular do Dpto. de Tradución e Lingüística da Universidade de Vigo. A súa docencia e investigación céntrase na tradución audiovisual (dobraxe, subtitulación, subtitulación para xordos) e na tradución de produtos infantís/xuvenís (literarios e audiovisuais). É autora, case sempre en colaboración coa Dra. Ana Mª Pereira, de numerosos artigos centrados na tradución audiovisual e na tradución de literatura infantil e xuvenil; é editora de numerosas publicacións relacionadas cos ámbitos antes mencionados e da revista AILIJ (Anuario de Investigación en Literatura Infantil e Xuvenil). Foi unha das fundadoras de ANILIJ en 1999 (Asociación Nacional de Investigación en Literatura Infantil e Xuvenil), da que na actualidade é tesoureira. Pertence ao grupo de investigación de Literatura Infantil e Xuvenil da Universidade de Vigo, co que participou en diversos proxectos nacionais e internacionais.
Investigación
Liñas de investigación no programa
- Tradución multimedia
Grupo de investigación
Literatura Infantil e Xuvenil Angloxermana e a súa Tradución
Liñas de investigación
- Tradución xeral, audiovisual e de literatura infantil e xuvenil