Cada curso impartirase cada dous anos, de acordo co calendario elaborado para o período pola Comisión Académica do Programa. O estudante deberá acreditar nos dous primeiros anos a obtención dun mínimo de 10 ECTS.
Recoméndase un mínimo dunha estancia dun mes ao ano (160 horas/ano x 3 anos = 580 horas).
O estudante realizará a súa estancia de acordo co seu director/a e/ou titor/a, segundo seu plan docente, e seguindo a normativa da Comisión.
Actividade | Duración | Carácter | Descrición |
---|---|---|---|
Seminarios de presentación de liñas de investigación | 28 horas | Obrigatorio | Presentación das diferentes liñas de investigación do doutoramento. |
Seminario de metodoloxía da investigación | 30 horas | Obrigatorio | Seminario sobre as características máis relevantes do traballo científico-académico (deseño e elaboración da investigación) no ámbito da comunicación humana, tanto desde un punto de vista xeral como nas súas dimensións mediada e intercultural. |
Presentación do Plan de Investigación e avaliación de actividades | 2 horas | Obrigatorio | Presentación do Plan de investigación de cada doutorando/a (que incluirá polo menos a metodoloxía para utilizar e os obxectivos para alcanzar, así como os medios e a planificación temporal para logralos |
Seminario permanente de investigación | 10 horas | Obrigatorio | Seminario a cargo de especialistas nas diferentes liñas de investigación (profesorado do programa ou invitado) |
Xornadas de doutorandos/as | 2 días | Obrigatorio | Xornadas de presentación de resultados de investigación na forma de encontro científico, con comunicacións dos doctorandos e relatorios convidados. |
Participación en congresos ou xornadas técnicas | 120 horas | Obrigatorio | Presentación de comunicación en congreso da especialidade, supervisada e avalada polo seu director/a. |
Publicación dun traballo de investigación | 320 horas | Obrigatorio | Redacción e entrega para avaliación nunha publicación especializada dun artigo de investigación orixinal, supervisada e avalada polo seu director/a. |
Estadía de investigación | 160 horas/mes | Optativo | Estadía de investigación dun prazo recomendado de 3 meses, nun centro especializado, con memoria de resultados, supervisada e avalada polo seu director/a e a persoa responsable no centro de acollida. |