El programa de doctorado en la Universidad de Vigo integrará en las Facultades de Ciencias Sociales y de la Comunicación (Campus de Pontevedra) y de Filología y Traducción (Campus de Vigo) compartiendo espacios y equipamiento con las otras titulaciones de dichos centros.

Facultad de Ciencias sociales y de la Comunicación

En la Facultad de Ciencias Sociales y de la Comunicación en estos momentos las infraestructuras y equipamiento son adecuados para el desarrollo de las enseñanzas actuales del programa de doctorado.

 

Facultad de Filología y Traducción

En la Facultad de Filología y Traducción las actividades docentes y de servicios se localizan en el Edificio de Facultades (en el que se encuentran, entre otras instalaciones las aulas, laboratorios, la delegación de alumnos/las y el decanato).

A Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, dispón tamén das infraestruturas, recursos e medios necesarios para levar a cabo este Programa de doutoramento. A modo de exemplo pódense especificar aqueles directamente relacionados coas condicións de implantación e desenvolvemento do Programa.

    • Infraestruturas: Aulas de diverso tamaño e capacidade, Seminarios (20 prazas), Laboratorios con dotación específica, Aulas de medios informáticos e Aula de dinámica de grupos.
    • Equipamento e recursos tecnolóxicos: Sala de videoconferencia, Canóns proxectores, pantallas e computadores instalados nas aulas, Software educativo e vídeos, Cámara de vídeo, Proxector de diapositivas, Retroproxector portátil, Lectores DVD portátiles, Lousas dixitais, Computadores portátiles e Canóns proxectores portátiles.
    • O Servizo de Recursos Psicopedagóxicos da Facultade de Ciencias da Educación é unha unidade que conta cun fondo de recursos psicopedagóxicos de diversas áreas (intelixencia, habilidades sociais, linguaxe escrita, intereses profesionais, etc.) e a base de datos correspondente de interese para os Títulos da Facultade de Ciencias da Educación.
    • Biblioteca, forma parte da rede de bibliotecas da USC e concentra as coleccións específicas das titulacións que se imparten no centro, así como outros materiais multidisciplinares. A Biblioteca Intercentros de Psicoloxía e Ciencias da Educación no campus de Santiago ten dous puntos de servizo e figura adscrita, ademais, a biblioteca do Instituto de Ciencias da Educación. En total conta con 338 postos de consulta nas salas de lectura e na hemeroteca. Ten 10 computadores para acceso ao catálogo automatizado (CAPEL), 3 fotocopiadoras e 6 computadores para acceso ás bases de datos e Internet. As coleccións da Biblioteca comprenden máis de 40.000 volumes de monografías e 1.000 títulos de revistas.

ul>

Ademais, a Universidade ofrece outros servizos de interese particular para o doutoramento:

    • O Centro de Tecnoloxías para a aprendizaxe (CETA) a través do cal se dá soporte para a elaboración de cursos en réxime virtual a través da plataforma Blackboard.
    • O Área de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (ATIC) da USC resolve os problemas informáticos relacionados coa docencia e a investigación de profesores e alumnos. Así mesmo, desenvolve sistema avanzados, como a videoconferencia, que permiten a celebración de cursos, conferencias ou intervencións remotas, ou a utilización de recursos como as presentacións tipo Powerpoint, as lousas electrónicas ou a cámara de documentos.
    • O respecto á diversidade e o desenvolvemento de políticas activas de incorporación e integración de estudantes con necesidades especiais son dous principios e liñas de actuación recollidos na Memoria de Responsabilidade Social da USC. Para ese efecto, o Servizo de Participación e Integración Universitaria encárgase da coordinación, en colaboración cos distintos centros e entidades, e posta en marcha das actuacións necesarias para favorecer a igualdade entre todos os membros da comunidade universitaria.