Importante: convocatorias de bolsas activas (Xaneiro 2016)

Convocatoria de bolsas de La Caixa para estudos de Doutoramento no Estado español: http://obrasocial.lacaixa.es/ambitos/becas/doctoradoenespana_es.html


Convocatoria de bolsas predoutorais da Fundación Barrié: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2016/20160108/AnuncioG0253-161215-002...


Convocatorias do Ministerio de Economía e Competitividade para financiar a contratación de novo persoal doutor por un período de dous anos a través das axudas Juan de la Cierva-formación e Juan de la Cierva-incorporación (Resolución de 2 de decembro de 2015-BOE de 7 de decembro).

Juan de la Cierva-formación

Estas axudas teñen o obxecto de que os/as candidatos/as completen a súa formación investigadora posdoutoral en centros de I+D españois distintos a aqueles nos que realizaron a súa formación predoutoral.

Juan de la Cierva-incorporación

Estas axudas teñen o obxecto de que os/as candidatos/as afiancen as capacidades adquiridas durante unha primeira etapa de formación posdoutoral.

Trátase dunha convocatoria que require un cofinanciamento da universidade que se concreta como mínimo nunha achega aproximada para cada contrato de entre 4.000 e 5.000€ anualmente. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria manifestou a súa disposición a achegar este cofinanciamento, aínda que este compromiso está pendente de formalización. Cara á presente convocatoria, terase en conta en todos os casos a solvencia (contratos, proxectos, produción científica, etc.) dos grupos ou equipos nos que se incorporaría o/a candidato/a.

Previamente á presentación da solicitude, as persoas interesadas en presentarse á convocatoria Juan de la Cierva, en calquera dos dous programas, deberán comunicalo antes do 27 de xaneiro enviando un e-mail a vicinv@uvigo.es indicando os seguintes datos: nome do candidato/a, nome do investigador/a tutor/a, código do grupo de investigación e departamento e centro no que se incorporará o candidato/a no caso de acadar a axuda.

O/A investigador/a cumplimentará o formulario electrónico de solicitude, dispoñible na sede electrónica do Ministerio de Economía e Competitividade. Unha vez finalizada a cumplimentación, o/a investigador/a validará e enviará telematicamente o formulario. Seguidamente, asinará coa sinatura electrónica ou en papel os documentos que xenere automaticamente a aplicación e os entregará na Vicerreitoría de Investigación e Transferencia nos prazos que indica a convocatoria

3 de febreiro para o Juan de la Cierva-formación

1 de febreiro para o Juan de la Cierva-incorporación

Máis información na Vicerreitoría de Investigación e Transferencia (tfno.: 813597)