Convocatoria de axudas predoutorais 2015 Xunta de Galicia

Marta González Rodríguez, do Servizo de Apoio á Investigación e Desenvolvemento. (Negociado RR.HH) envíanos a seguinte información:

O pasado venres día 4 de marzo, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicou no DOG a
 
Convocatoria de axudas predoutorais 2015.
 
O solicitante único é a Universidade de Vigo, pero son as persoas candidatas que previamente terán que facer a “precarga” da solicitude e da documentación pertinente na sede electrónica
 
 
1º paso: para o acceso é imprescindible:
-          Ter DNI electrónico
-          Ober a Chave365 (presencialmente nun rexistro da Xunta de Galicia, co DNI - instrucións )
 
2º paso: encher o formulario e adxuntar os documentos que lles competen:
 
-          Fotocopia do DNI ou NIE (só no caso de non autorizar á Xunta a consulta de datos)
-          Anexo III
-          Anexo IV (director/a de tese)
-          Anexo V (corresponde á Universidade; soamente deben entregar o “Documento de datos para a Universidade” cuxo enlace copiamos ao final
-          Certificación das axudas a grupos para a modalidade A (corresponde á Universidade)
-          Proxecto de traballo de investigación (nas condicións que establece a convocatoria, artigo 6.1.i))
-          Memoria de adecuación do proxecto (segundo se indica na convocatoria, artigo 6.1.j))
-          Certificado do nivel de coñecemento de lingua estranxeira (segundo se indica na convocatoria, 6.1.k))
-          Se desexan optar pola posibilidade de realizar unha estadía, indicalo no formulario da solicitude
-           
3º paso: unha vez rematado o proceso de encher e adxuntar documentación, premer os botóns de “GARDAR” e “PRESENTAR”, momento no que a sede emite un código alfanumérico que debedes enviar á seguinte dirección de correo-e
 
4º paso: a Universidade, con ese código, completa a documentación e
 
PRESENTA A SOLICITUDE
(para o que precisamos que envien á mesma dirección de correo indicada máis arriba o .doc seguinte):
 
DATOS
 
Soamente serán admitidas a trámite as que presente a Universidade.
 
Prazo para que o código estea no correo electrónico indicado máis arriba:
 
Venres 18 de marzo de 2016, ás 15.00 horas
 
A capacidade da Sede para cada candidura é de 50 Mb; é imprescindible que os voso documentos non pensen, en total, máis de 40 .
 
Datos para encher o Anexo II:
 
UNIVERSIDADE DE VIGO (razón social)
Q8650002B (NIF)
Campus Universitario (nome da vía)
VIGO (lugar)
CP 36310
PONTEVEDRA
VIGO
VIGO
986813597
986813919
vicinvxn@uvigo.es
 
A táboa de “E, na súa representación”, deixádea en blanco; a do “Enderezo para os efectos de comunicación”, tamén.