Aviso importante de Terceiro Ciclo para teses a defender neste ano

A partir do 18 de maio establecerase un sistema de cita previa para a presentación de teses de doutoramento. A partir do envío deste correo só poderá presentarse a tese mediante este sistema.

Na seguinte web concentrouse toda a información que pode ser útil para o alumnado implicado no proceso de extinción de programas de doutoramento, ou que ten obriga de realizar a lectura da súa tese de doutoramento antes do 10 de febreiro de 2016:

http://www.uvigo.es/uvigo_gl/administracion/alumnado/posgrao/doutorament...

O sistema de cita previa funcionará entre o 18 de maio e o 10 de novembro de 2015, ambos inclusive, de luns a xoves, e de 9’00 a 11’00 horas. Exceptúase todo o mes de agosto. Puntualmente podería haber días nos que só estea dispoñible un dos postos de revisión de teses (a efectos do sistema de cita previa denominados Salas) por cuestións relacionadas coa dispoñibilidade de persoal. Ningunha cita solicitada fóra destes horarios e datas será tida en conta.
Nos casos en que a tese de doutoramento non se entregue de forma presencial, senón que se envíe por correo interno, o/a doutorando/a deberá reservar tamén unha data e turno para a revisión da súa tese. De non facelo o doutorando asignarase unha cita de oficio, en función das dispoñibilidades existentes.
Durante o período indicado non se atenderán cuestións relacionadas coa lectura de teses vinculadas á extinción dos programas de doutoramento máis que no correo electrónico 3ciclo1@uvigo.es. En ningún caso proporcionarase información telefónica. Os doutorandos serán notificados por correo electrónico da aprobación de cada trámite, polo que non deben contactar coa Sección de Posgrao para coñecer o estado do seu expediente. Neste sentido pedimos a colaboración de todos os implicados, xa que, potencialmente, poderían presentarse cinco veces máis teses que nun curso académico normal, o que entendemos que xustifica a adopción destas medidas excepcionais.

José Luis Gómez Reboiro